jueves, 24 de mayo de 2007

CARTEL COMPLETO E PROGRAMA


DOMINGO 27 DE MAIO - ÁREA RECREATIVA DE

SAN MAMEDE DOS ANXOS (OROSO)

13h.-Misa solemne (é unha festa pagana....pero senón os vellos non soltan o carto)

14h.-Sesión Vermú coa ORQUESTA MIDAS: Desde Camela, a Dire Straits, El canto de Morfeo, El Sueño de Van Goh, Paulina Rubio.....esas canciónes de ayer y siempre que nos encantan.

15h.-Comida de campo, ou senón vas á pulpeira que tén de todo.

17h.-Inicio dos concertos, nesta orde:

OS NEUMÁTICOS (45min.): Alaska, Los Nikis, Fangoria, Ramones, Vegetales....

JOHNNY DEERE AND THE EBROS (45min.): Joy Division, Pixies, Velvet....

FLASH FLAN (1h.): Rock and roll, 60´s, garage....

21h.- Gran Verbena a cargo da ORQUESTA MIDAS.

24h.-Fin de festa.

Tranquilos, pode que orballe pola mañá pero para pola tarde dá nubes e claros, así que non poñades a excusa do tempo. Que carallo ides facer un domingo pola tarde, eh?

ACUDIDE!!!! Despois non vos queixedes de que non se fai nada.

CARTEL DAS FLORES

Xa hai cabeza de cartel e unha última incorporación: Flash Flan, e Os Gaiteiros de Lardeiros. Desde Santiago Flash Flan, o enésimo grupo de Antonic ofrecerá o seu garage e rockandroll executado con esa solvencia técnica á que nos teñen acostumados. E desde Lardeiros Os Gaiteiros de Lardeiros, claro; que amenizarán a tarde entre grupo e grupo (e ao final) cos seus sons tradicionais. Lembremos como está a cousa:

ORQUESTA MIDAS - Sesión Vermú e Verbena.

(desde Camela, a AC/DC, pasando pola Cabritinha)

FLASH FLAN - Rock and roll

JOHNNY DEERE AND THE EBROS – Agropop

(versión de Joy Division incluída)

OS NEUMÁTICOS – Pop

(Alaska, Ramones, Los Nikis, Los Brincos....)

GAITEIROS DE LARDEIROS – Tradicional

Lembremos que os grupos comezarán ás 17h. A Sesión Vermú é as 14h. E a verbena ás 21.30h.

E lembrar tamén que haberá pulpeira, churrasco, e bochinche. Claro.

Seguimos á espreita......proximamente o cartel oficial.....non esta merda.

COMO CHEGAR

Ante o clamor popular, ei vai unha pequena explicación.

-Desde Sigüeiro: Ao chegar ao cruce principal de Sigüeiro, nos semáforos, xusto onde está a fonte da Foca, cóllese á dereita polo único desvío que hai (pola Avda. da Grabanxa) e tírase todo pa diante (8 min en coche) ata chegar a un lugar onde vemos unha parrillada chamada Cachopal (ten cartel grande), e alí xa hai un indicador enorme que nos levará directos até a Área Recreativa dos Ánxeles, que está a 100m.

-Desde Ordes: Para quen saiba, podedes ir polas pistas porque chegades moi rápido. E para quen non saiba é unha liada explicar todos os cruces, así que ides por Sigüeiro, seguindo a anterior explicación, e non hai fallo. Só perdedes 5 min de ir de Ordes a Sigüeiro. Ala.

-Desde Santiago: Pero vai vir alguén desde Santiago??.....Boeno, non vaia ser. Carretera N-550 dirección A Coruña e cando cheguedes a Sigüeiro seguides a primeira explicación. Asín de fácil.

Por se non vos chega con todo isto, aí vai un mapa currado currado.

Vale....é cutre.....pero enténdese, non?

martes, 8 de mayo de 2007

ÚLTIMA HORA!!!!

Desde o FIF chegan novas de última hora sobre o cartel. Os afamados Who´s Varna, despois da súa exitosa actuación no Festival RockOroso, non poderan estar na Festa das Flores. Por medio do seu representante comunicaron que un dos seus membros (non especificaron cal) ten un compromiso ineludible e que non poderan cumplir cos seus fans do Cachopal. Circula un ruxe-ruxe sobre unha posible operación de cambio de sexo, anque hai quen asegura que ese día lle ven a máquina de mallar, que disque xa o dixo na de Goros. En fin....o caso é que Who´sVarna non estarán con nós o día 27. Pero en contrapartida confírmase a actuación de dúas bandas máis. Por un lado teremos a Johnny Deere & The Ebros. No medio da súa xira británica farán un descanso para estar no Cachopal, e o seu lider Johnny xa criou a polémica na NME: "Os Who´sVarna non teñen forza. Son para maricóns. Onde estea un Ebro....". En fin....a ver como son recibidos no Cachopal, terra de grandes fans Who´sVarnoides, tal e como se pode ver nas paredes de moitas casas da volta. Eles polo momento gardan silencio e só falan nun curioso dialecto, ou no seu defecto fan canteiras por aí. Sorprendente...
E a segunda banda en cuestión son Os Neumáticos, superbanda que conta nas súas filas con músicos de contrastada solvencia. A aliñación é arrepiante....por un lado Alberte "Tobías" (anteriormente en Concentración Parcelaria e Os Tubérculos) unha sachadora rítmica que fabrica os seus propios instrumentos, e que pode presumir de ser o único home vivo que é quen de beber máis cervezas que Santonio. A unha guitarra e voces temos a Xulio de Claudino, anteriormente baixista dos añorados Doutor Slump e principal impulsor do rockandroll nas terras de Castiñeiro Redondo. Á outra guitarra e voces estará Manuel de Converso (Doutor Slump, Os Gin-Tonics, The Homens durante 15 min.) prolífico músico que acaba de chegar dunha clínica especializada onde ven de tratar o seu problema de adicción ao guitartunning. Conta a lenda que xusto antes de comprar a SG, estivo desaparecido uns días e apareceu despois cunha sospeitosa cicatriz á altura do ril dereito. E por último Antonic de Pazos (Doutor Slump, Mala Chispa, Os Gin-Tonics, Flash Flan, Sinesto Total, Hot Kawa Club.....etc) o batería total da comarca de Ordes. A súa depurada técnica, o seu ritmo sexual, e a súas ansias de beber gratis lévano a tocar nas bandas con peor reputación. Home moi errático, recentemente e ante a estupefacción xeral rexeitou unha oferta para tocar cos incribles 96 Grados. Como el dixo co seu inconfundible acento sigüeirés: "Paso desos rollos tío". Que forte.
Pois por agora nada máis. Continuaremos á espreita coas novas que se vaian producindo e informamos de que ante o clamor popular proximamente aparecerá un mapa neste blog, para que todos saiban chegar.
Lembremos o cartel a día de hoxe:

JOHNNY DEERE AND THE EBROS

OS NEUMÁTICOS

ORQUESTA MIDAS

Domingo 27 de Maio, na Festa das Flores.
 
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet