lunes, 26 de mayo de 2008

FIN DE FESTA

A Organización da Festa das Flores ´08 quere dar as grazas a todos os grupos participantes, así como a toda a xente que colaborou e axudou na Festa; tamén, claro está, a todo o público que se achegou ata o Cachopal na edición deste ano.
Ao longo das próximas semanas iremos facendo neste blog unha crónica escrita e fotográfica dos concertos acontecidos. Estade á espreita.
Só queda dicir que a partir de mañá a Organización da Festa das Flores comezará a traballar na edición do ano 2009, que desexamos sexa aínda mellor que a do 2008.
Moitas grazas a todos.

Seguiremos actualizando cada semana nos vindeiros meses.

Un saúdo poderoso!

viernes, 23 de mayo de 2008

PROGRAMA COMPLETO FLORES 2008


Este Domingo 25 de Maio a partir das 14h terá lugar a Festa das Flores de San Mamede dos Anxos (Oroso). Unha festa popular que facemos nunha preciosa área recreativa á beira do río Maruzo e na que participan vellos e mozos da comarca.

O espíritu da festa é conxugar unha verbena típica das nosas aldeas con concertos pola tarde para os máis novos. Os concertos pretenden ser unha mostra do que se coce na movida rockanroleira da comarca e sempre intentamos darlle a oportunidade á xente nova, amais de traer algún grupo máis consolidado. Este ano temos dous grupos debutantes (Amacheta e Jinbao) e unha superbanda de Santiago (Bakin´ Blues Band). Ademais sempre hai algunha actividade para os máis cativos. O programa de actos é o que segue:



  • Ás 15h Xantar popular na area recreativa (para quen traia comida), ou na PULPEIRA.


  • Ás 17h CLOWN FREDDY, que ofrecerá o seu espectaculo para todos os nen@s.




  • Ás 18h CONCERTOS:


JINBAO (POWERPOP, www.jimbaorock.blogspot.com)



AMACHETA (HARDROCK, http://www.fotolog.com/empacator )


BAKIN´ BLUES BAND (R´N ´R, con membros de Flash Flan e Degüello)


DJ DE LATA (entre grupo e grupo, cunha sesión exclusiva de bandas da nosa Terra)



HABERÁ CARPA POR SE CHOVE.


Animamos a todo o mundo a que veña pasar unha tarde de domingo diferente....


ACUDIDE! QUE CARALLO IDES FACER UN DOMINGO POLA TARDE!


SAÚDE E ATA O DOMINGO!!!!


POIS PARECE QUE VAI CHOVER, POIS HABERÁ CARPA


Novamente a organización da Festa das Flores solventou un problema de última hora. É moi probable que a choiva faga acto de presencia, razón pola que se contará cunha carpa. Unha carpa que posibilitará a viabilidade da Festa independentemente das condicións meteorolóxicas que nos agarden este Domingo (será un pouquiño máis grande que a da imaxe).
Con todo, podedes consultar o tempo aquí.

Saúde.....xa falta pouco!

jueves, 22 de mayo de 2008

BAKIN´ BLUES BAND


Si amig@s, despois dun día enteiro de negociacións e de mirar por moitos grupos a Festa das Flores conseguíu solventar o problema técnico co que se atopara. O cabeza de cartel deste ano serán a BAKIN´BLUES BAND, a superbanda recentemente formada por membros de Flash Flan e Degüello. Unha máquina de facer rocanrol e blues o domingo 25 na Área Recreativa do Cachopal, chegados directamente desde Santiago. Moi, moi, moi, recomendable. Como guitarra e baixista xa vimos o ano pasado en acción a Tato e David con Flash Flan.
Unha boa noticia para a Festa das Flores e para os que gusten do rock and roll e o blues.
Que o disfrutedes!!

martes, 20 de mayo de 2008

LOS CIRUELAS CANCELADO


Los Ciruelas comunicaron hoxe á Organización que non poderán actuar o próximo domingo por motivos persoais. Esta cancelación supón un duro revés para a Festa das Flores, que, a catro días vista, traballará sen descanso para atopar un grupo que substitúa á banda de Viveiro. Máis información en breve...esperemos que sexan mellores noticias.

Saúde.

lunes, 19 de mayo de 2008

CLOWN


A Organización da Festa das Flores énchese de satisfacción en poder ofrecer aos asistentes á edición deste ano un espectáculo de clown, algo que non se ve moi a miúdo polas nosas festas. Será o paiaso-mago Freddy, que a partires das 17h nos deleitará coa súa actuación.
En relación con isto tamén temos que informar de que os concertos comezarán ás 18h no Palco Pequeno. E por último damoslle a benvida ao blog de Jinbao, un dos grupos das Flores deste ano, que saltou á rede fai pouco, tal e como comentaron nesta bitácora.



Foto roubada do blog de Jinbao. Esa estrela xa di algo.....ou non?


Tamén hai novidades con AmachetA, que estrean esta brutal portada, tal e como podedes ver no seu fotolog.


Incontestable, nunca unha macheta transmitira tanto.

Polo de agora temos a Orquesta RitmoJoven, AmachetA, Los Ciruelas, Jinbao e o Clown Freddy. Máis en breve.....

Saúde!!

viernes, 16 de mayo de 2008

XA QUEDA MENOS!!

Como se do mellor HardRockCafé Enxebre se tratase, na Festa das Flores contaremos cunha pulpeira de calidade. Esta pulpeira tamén levará o bochinche (en castellano "café-bar") e disque é moi boa: calidade, bo prezo e nada de garrafón. Estes datos están contrastados polos vellos de San Mamede que dixeron que nonseiquen fora a unha festa a nonseidonde e disque quedaran encantados. Se o din os vellos non hai máis que falar.



Por outra banda xa contamos coas primeiras fotos promocionais de grupos das Flores 2008 (roubadas nos seus respectivos fotologs). Vemos con satisfacción que dous elementos da cultura galega tan importantes como as paredes de pedra e a lareira seguen vixentes nas bandas de nova formación da nosa comarca.
Aquí AmachetA:

Esa camiseta de Motorhead!!!!

E aquí Jinbao:


Ese poster de Rio Bravo que case se ve alí detrás!!!!


Xa por último, informar de que tamén haberá un DJ para amenizar a tarde, e que a organización traballa a marchas forzadas para pechar o cartel con algún outro espectaculo e/ou atracción.
Seguiremos informando.

jueves, 15 de mayo de 2008

ULTIMA HORA DAS FLORES 2008


A organización da Festa das Flores continúa traballando para que a presente edición sexa unha das mellores. Informamos de que haberá dous escenarios, ou como se debe dicir na nosa terra, dous palcos.
Haberá Palco Jrande e Palco Pequeno. Estes son os nomes provisionais á espera de que algúnha marca de cervexas ou entidade bancaria decida patrocinalos.
Polo momento nada máis...nos proximos días actualizaremos diariamente con todas as novidades.
Saúdos xente!!

martes, 13 de mayo de 2008

MÁIS CONFIRMACIÓNS: JINBAO


No Cachopal (Oroso) hai unha nova banda: Jinbao. Fran de Converso e Moisés de Bouzas (dous ex-compoñentes dos inesquecibles Whosvarna) xunto con Adrian de Garea, forman Jinbao: Powerpop de guitarras e melodías contundentes.
O Festival das Flores continúa fiel á súa filosofía de servir de escaparate para os novos grupos da comarca. Por iso, desde aquí animamos a calquera grupo que estea empezando a que se poña en contacto coa organización se quere tocar nas Flores 2008.
Polo de agora a cousa vai así:

FLORES 2008 - DOMINGO 25 DE MAIO - CACHOPAL

Orquesta Ritmo Joven (de todo)

Los Ciruelas (rock, Viveiro)

Amacheta (hardRock, O Vintecatro)

Jinbao (PowerPop, O Cachopal)
foto roubada a Amacheta

lunes, 12 de mayo de 2008

AMACHETA


Pois si, novas confirmacións para as Flores 2008. Desde O Vintecatro (A Barciela) chegan Amacheta, co seu contundente HardRock. A Festa das Flores énchese de orgullo en poder contar co debut destes rapaces, que prometen dar moita caña. Lembremos:

FESTA DAS FLORES 2008 - DOMINGO 25 DE MAIO (CACHOPAL)

Orquesta Ritmo Joven (de todo)

Los Ciruelas (rock, Viveiro)

Amacheta (hardrock, O Vintecatro)

en breve máis grupos....

miércoles, 7 de mayo de 2008

ORQUESTA RITMO JOVEN


Confirmada a orquesta Ritmo Joven para a Festa das Flores. Unha orquesta coma a xente para unha Festa coma a xente. Recomendamos especialmente que visitedes a súa espectacular web pinchando aquí. Tamén informamos que a data oficial é o 25 de maio. Lembremos o que polo de agora é o cartel oficial:

FESTA DAS FLORES 2008 - DOMINGO 25 DE MAIO

ORQUESTA RITMO JOVEN

LOS CIRUELAS (rock - Viveiro)

martes, 6 de mayo de 2008

LOS CIRUELAS NA FESTA DAS FLORES


Confirmado o primeiro grupo para a Festa das Flores do 2008. Desde Viveiro chegará o rock de Los Ciruelas. Banda xa con músicos curtidos en mil batallas, e que xa tén tocado pola nosa zona (na Sala Nasa). Presentarán o CDSingle "Viva el Pret a Porter". Máis información aquí e aquí.

FESTA DAS FLORES 2008

Proximamente avance dos grupos, camisetas, orquestra....e todo o referente á Festa das Flores 2008.

Alquén tén algo que dicir?
 
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet