CONCURSO!! No cartel das Flores deste ano hai exactamente 10 erros. Algúns ortográficos (seguindo a norma da RAG), outros dos nomes dos grupos e outros de toponimia. A primeira persoa que identifique todos os erros ou a que máis se lle achegue, recibirá unha fantástica camiseta das Flores (en breve ensinaremos o modelo...). Para participar enviade os vosos pronósticos a festadasflores@gmail.com. O prazo acaba ás doce da noite deste venres. Participade!!
Aínda que seguiremos utilizando este blog, de agora en diante estaremos máis no Facebook para a información das Flores. Buscádenos por "Festa das Flores".