Desde o FIF chegan novas de última hora sobre o cartel. Os afamados Who´s Varna, despois da súa exitosa actuación no Festival RockOroso, non poderan estar na Fest
a das Flores. Por medio do seu representante comunicaron que un dos seus membros (non especificaron cal) ten un compromiso ineludible e que non poderan cumplir cos seus fans do Cachopal. Circula un ruxe-ruxe sobre unha posible operación de cambio de sexo, anque hai quen asegura que ese día lle ven a máquina de mallar, que disque xa o dixo na de Goros. En fin....o caso é que Who´sVarna non estarán con nós o día 27. Pero en contrapartida confírmase a actuación de dúas bandas máis. Por un lado teremos a Johnny Deere & The Ebros. No medio da súa xira británica farán un descanso para estar no Cachopal, e o seu lider Johnny xa criou a polémica na NME: "Os Who´sVarna non teñen forza. Son para maricóns. Onde estea un Ebro....". En fin....a ver como son recibidos no Cachopal, terra de grandes fans Who´sVarnoides, tal e como se pode ver nas paredes de moitas casas da volta. Eles polo momento gardan silencio e só falan nun curioso
dialecto, ou no seu defecto fan
canteiras por aí. Sorprendente...
E a segunda banda en cuestión son Os Neumáticos, superbanda que conta nas súas filas con músicos de contrastada solvencia. A aliñación é arrepiante....por un lado Alberte "Tobías" (anteriormente en Concentración Parcelaria e Os Tubérculos) unha sachadora rítmica que fabrica os seus propios instrumentos, e que pode presumir de ser o único home vivo que é quen de beber máis cervezas que Santonio. A unha guitarra e voces temos a Xulio de Claudino, anteriormente baixista dos añorados Doutor Slump e principal impulsor do rockandroll nas terras de Castiñeiro Redondo. Á outra guitarra e voces estará Manuel de Conve
rso (Doutor Slump, Os Gin-Tonics, The Homens durante 15 min.) prolífico músico que acaba de chegar dunha clínica especializada onde ven de tratar o seu problema de adicción ao guitartunning. Conta a lenda que xusto antes de comprar a SG, estivo desaparecido uns días e apareceu despois cunha sospeitosa cicatriz á altura do ril dereito. E por último Antonic de Pazos (Doutor Slump, Mala Chispa, Os Gin-Tonics, Flash Flan, Sinesto Total, Hot Kawa Club.....etc) o batería total da comarca de Ordes. A súa depurada técnica, o seu ritmo sexual, e a súas ansias de beber gratis lévano a tocar nas bandas con peor reputación. Home moi errático, recentemente e ante a estupefacción xeral rexeitou unha oferta para tocar cos incribles 96 Grados. Como el dixo co seu inconfundible acento sigüeirés: "Paso desos rollos tío". Que forte.
Pois por agora nada máis. Continuaremos á espreita coas novas que se vaian producindo e informamos de que ante o clamor popular proximamente aparecerá un mapa neste blog, para que todos saiban chegar.
Lembremos o cartel a día de hoxe:
JOHNNY DEERE AND THE EBROS
OS NEUMÁTICOS
ORQUESTA MIDAS
Domingo 27 de Maio, na Festa das Flores.