Pois si, aqui vai un pequeno recordatorio do FIF '06 (Festival Internacional das Flores).
Pedazo cartel con catro grupazos. San Mamede (Oroso): os que foron xa o lembrarán e os que non, que vexan os videos que hai por aí para facerse unha idea do que se perderon. Nun día calurosísisimo puxéronse en xogo os elementos que caracterizan esta festa: Sesión vermú, comida de campo, polvo á feira, río, natureza, bochinche, borrachera, e por suposto, toda unha tarde de música ao vivo culminada cunha verbena. Todo nun marco incomparable a carón do río. Non me acordo ben da orde na que tocaron os grupos así que vai ao chou.
Photo by Heavyrola
Os Gin-Tonics dandoo todo baixo o sol.Photo by Stow Kiwoto Lumen
Ferro 4, máis adiante Who´svarna: os Strokes de Oroso. Do Cachopal ao ceo....
Photo by Cobardeanonimo
Alvaro, Lano, Costoya e Xaco: Nice Price. Guitarras potentes para deixar as cousas claras. En serio debutaban?
E agora poñería unha foto de Al.Jahsue & The Shepperds, pero non a teño. Se alguén ten algunha que ma pase. Do seu concerto soamente poido dicir que foi un espectáculo digno de ver. Sonido perfecto, execución perfecta, sentimento......ata os vellos bailaban reggea!
E claro, despois a orquesta. Que non me lembro do nome pero que tamén molou.
E bueno....isto como pequeno resumo do que foi o ano pasado.
Alguén quere engadir algo?

4 comentarios:
entón a sesión vermú existe! na cidade pensabamos que era unha lenda... ¿urbana? hehe.
non, non, por aquí nada máis que engadir, só esperar que este ano sexa mellor e mellor, como di a canción.
bkkks :P
Grazas polas túas palabras Náufraga. Correspóndeche a honra de inaugurar este espazo. E si, a sesión vermú existe, polo menos na aldea, anque moitas veces o que menos se beba sexa vermú.
Desde aqui animamos aos benqueridos urbanitas a que se acheguen todos á aldea o 27 de Maio. Halles gustar.Ou iso agardamos.
Saúde/os!
vaia merda de festival, o mellor é LP, A TOPE!!!
A tope de merda,cun dDJ ben pailan a poder ser!!
LP forever.
Publicar un comentario