domingo, 22 de abril de 2007

CONFIRMADOS WHO´SVARNA


Pois si amig@s, a organización prometeu que ía facer un esforzo para traer os mellores grupos este ano, e xa temos o primeiro cabeza de cartel importante. Who´svarna descargarán todo o seu potencial en directo o próximo día 27 de Maio na Festa das Flores. Lembremos: Fran de Converso (teclados, voces), Moisés de Bouzas (baixo), Jesús de Froiz (guitarra), Manolo de Lata (batería,voces) e Llaura de Carrió (guitarra, voces). Forza, melodía, intensidade.....os Strokes de Oroso, as motoserras máis cool do mercado.....ao vivo o 27 de Maio. Sombreiros de palla, bermudas hawaianas, camisetas azuis......con que uniforme nos sorprenderán esta vez? A resposta no FIF '07.


Foto "roubada" a SamuelEXuncal

miércoles, 18 de abril de 2007

CONFIRMADA ORQUESTA MIDAS

A través dun comunicado a organización ven de confirmar a Orquesta Midas para a Festa das Flores. Amenizará a sesión vermú e a verbena pola noite. Tamén informa de que debido á masiva afluencia de público do ano pasado nesta edición limitarase a asistencia a 15.000 espectadores. Problemas de seguridade, e problemas para atopar un recinto de máis capacidade, fixeron que se tomase esta drástica decisión que de seguro fará que moita xente non poida asistir ao festival.
Para os que non o saiban a Midas é a fantastica orquesta que nos deleitou o ano pasado, e que cedeu o seu magnifico escenario para que actuasen os grupos.
Xa queda pouco máis dun mes!

martes, 17 de abril de 2007

Recordando o 2006


Pois si, aqui vai un pequeno recordatorio do FIF '06 (Festival Internacional das Flores).
Pedazo cartel con catro grupazos. San Mamede (Oroso): os que foron xa o lembrarán e os que non, que vexan os videos que hai por aí para facerse unha idea do que se perderon. Nun día calurosísisimo puxéronse en xogo os elementos que caracterizan esta festa: Sesión vermú, comida de campo, polvo á feira, río, natureza, bochinche, borrachera, e por suposto, toda unha tarde de música ao vivo culminada cunha verbena. Todo nun marco incomparable a carón do río. Non me acordo ben da orde na que tocaron os grupos así que vai ao chou.


Photo by Heavyrola
Os Gin-Tonics dandoo todo baixo o sol.


Photo by Stow Kiwoto Lumen
Ferro 4, máis adiante Who´svarna: os Strokes de Oroso. Do Cachopal ao ceo....

Photo by Cobardeanonimo

Alvaro, Lano, Costoya e Xaco: Nice Price. Guitarras potentes para deixar as cousas claras. En serio debutaban?

E agora poñería unha foto de Al.Jahsue & The Shepperds, pero non a teño. Se alguén ten algunha que ma pase. Do seu concerto soamente poido dicir que foi un espectáculo digno de ver. Sonido perfecto, execución perfecta, sentimento......ata os vellos bailaban reggea!

E claro, despois a orquesta. Que non me lembro do nome pero que tamén molou.

E bueno....isto como pequeno resumo do que foi o ano pasado.

Alguén quere engadir algo?

XA HAI DATA PARA A FESTA DAS FLORES

Segundo unha nota de prensa xa hai data para a edición do 2007 da Festa das Flores. O día en concreto é o Domingo 27 de Maio, data que mantén a coherencia da organización de facer cadrar o Festival co último domingo de Maio, tal e como foi ancestralmente. A nota non aclara nada sobre o recinto no que se celebrará, pero adianta que en breve se producirán as primeiras confirmacións no cartel.
Hoxe Martes 17 de Abril nace este blog dedicado integramente á Festa das Flores.
 
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet