DOMINGO 27 DE MAIO - ÁREA RECREATIVA DE
SAN MAMEDE DOS ANXOS (OROSO)
13h.-Misa solemne (é unha festa pagana....pero senón os vellos non soltan o carto)
14h.-Sesión Vermú coa ORQUESTA MIDAS: Desde Camela, a Dire Straits, El canto de Morfeo, El Sueño de Van Goh, Paulina Rubio.....esas canciónes de ayer y siempre que nos encantan.
15h.-Comida de campo, ou senón vas á pulpeira que tén de todo.
17h.-Inicio dos concertos, nesta orde:
OS NEUMÁTICOS (45min.): Alaska, Los Nikis, Fangoria, Ramones, Vegetales....
JOHNNY DEERE AND THE EBROS (45min.): Joy Division, Pixies, Velvet....
FLASH FLAN (1h.): Rock and roll, 60´s, garage....
21h.- Gran Verbena a cargo da ORQUESTA MIDAS.
24h.-Fin de festa.
Tranquilos, pode que orballe pola mañá pero para pola tarde dá nubes e claros, así que non poñades a excusa do tempo. Que carallo ides facer un domingo pola tarde, eh?ACUDIDE!!!! Despois non vos queixedes de que non se fai nada.
8 comentarios:
Como podedes observar caéronse do cartel os Gaiteiros de Lardeiros. Pero bueno.....creo que vai haber jaiteiros abondo entre o público.
fangoria?
Pero que coño pasa cos gintonics?
podemos pasar por cauntry cutre, incluso por Johnny Cash, pero fangoria...
sodes ben raritos,carallo.
sobre esto teño que rectificar senón vanme colgar.....non van facer unha versión de Fangoria....é unha versión dos Ramones que facían Fangoria...que é diferente. Inda así, en Fangoria está Nacho Canut, que por moito que che pese Indignao, é un dos mellores compositores do Estado. Con todo vai ao concerto e escoita. E despois reclamacións aos ex-Gintonics Manuel e Antonic. Mmmmmm.....a Bob Dylan tamén o apuparon cando se electrificou.....e mira ti.
a min non me metades en movidas
eu son un ex-gin-tonic íntegro...
Pero estou contigo, danme escalofríos que os meus ex-compañeiros fagan versións desa señora tan desgradable.
Por certo, "indignao"... se hai algún poblema con J. Cash, QUE TE FODAN!
...Nacho Canut o mellor compositor?
ja, ja... (ríome porque sei que non o podes estar dicindo en serio...)
un poco QUEER el cartel...
jijiji
que pena no poder ir... no voy a ver a Fresadora... :'(
*
Pois claro querida llaurina;temos esa vena smithiana que non podemos disimular,ademais,xa nos toman por homosensuales ala por onde imos.
Holaass!! este sábado celebro o meu cumple, e non teño ningun teléfono para avisarvos, pero bueno, facede un equipo e vide a xogar que temos un xogo de rol polos bares de Ordes
queremos fotos!!!
*
Publicar un comentario