martes, 8 de mayo de 2007

ÚLTIMA HORA!!!!

Desde o FIF chegan novas de última hora sobre o cartel. Os afamados Who´s Varna, despois da súa exitosa actuación no Festival RockOroso, non poderan estar na Festa das Flores. Por medio do seu representante comunicaron que un dos seus membros (non especificaron cal) ten un compromiso ineludible e que non poderan cumplir cos seus fans do Cachopal. Circula un ruxe-ruxe sobre unha posible operación de cambio de sexo, anque hai quen asegura que ese día lle ven a máquina de mallar, que disque xa o dixo na de Goros. En fin....o caso é que Who´sVarna non estarán con nós o día 27. Pero en contrapartida confírmase a actuación de dúas bandas máis. Por un lado teremos a Johnny Deere & The Ebros. No medio da súa xira británica farán un descanso para estar no Cachopal, e o seu lider Johnny xa criou a polémica na NME: "Os Who´sVarna non teñen forza. Son para maricóns. Onde estea un Ebro....". En fin....a ver como son recibidos no Cachopal, terra de grandes fans Who´sVarnoides, tal e como se pode ver nas paredes de moitas casas da volta. Eles polo momento gardan silencio e só falan nun curioso dialecto, ou no seu defecto fan canteiras por aí. Sorprendente...
E a segunda banda en cuestión son Os Neumáticos, superbanda que conta nas súas filas con músicos de contrastada solvencia. A aliñación é arrepiante....por un lado Alberte "Tobías" (anteriormente en Concentración Parcelaria e Os Tubérculos) unha sachadora rítmica que fabrica os seus propios instrumentos, e que pode presumir de ser o único home vivo que é quen de beber máis cervezas que Santonio. A unha guitarra e voces temos a Xulio de Claudino, anteriormente baixista dos añorados Doutor Slump e principal impulsor do rockandroll nas terras de Castiñeiro Redondo. Á outra guitarra e voces estará Manuel de Converso (Doutor Slump, Os Gin-Tonics, The Homens durante 15 min.) prolífico músico que acaba de chegar dunha clínica especializada onde ven de tratar o seu problema de adicción ao guitartunning. Conta a lenda que xusto antes de comprar a SG, estivo desaparecido uns días e apareceu despois cunha sospeitosa cicatriz á altura do ril dereito. E por último Antonic de Pazos (Doutor Slump, Mala Chispa, Os Gin-Tonics, Flash Flan, Sinesto Total, Hot Kawa Club.....etc) o batería total da comarca de Ordes. A súa depurada técnica, o seu ritmo sexual, e a súas ansias de beber gratis lévano a tocar nas bandas con peor reputación. Home moi errático, recentemente e ante a estupefacción xeral rexeitou unha oferta para tocar cos incribles 96 Grados. Como el dixo co seu inconfundible acento sigüeirés: "Paso desos rollos tío". Que forte.
Pois por agora nada máis. Continuaremos á espreita coas novas que se vaian producindo e informamos de que ante o clamor popular proximamente aparecerá un mapa neste blog, para que todos saiban chegar.
Lembremos o cartel a día de hoxe:

JOHNNY DEERE AND THE EBROS

OS NEUMÁTICOS

ORQUESTA MIDAS

Domingo 27 de Maio, na Festa das Flores.

1 comentario:

Anónimo dijo...

El Johnny Deere esi no tien ni puta idea.
>:/

 
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet