Este Domingo 25 de Maio a partir das 14h terá lugar a Festa das Flores de San Mamede dos Anxos (Oroso). Unha festa popular que facemos nunha preciosa área recreativa á beira do río Maruzo e na que participan vellos e mozos da comarca.
O espíritu da festa é conxugar unha verbena típica das nosas aldeas con concertos pola tarde para os máis novos. Os concertos pretenden ser unha mostra do que se coce na movida rockanroleira da comarca e sempre intentamos darlle a oportunidade á xente nova, amais de traer algún grupo máis consolidado. Este ano temos dous grupos debutantes (Amacheta e Jinbao) e unha superbanda de Santiago (Bakin´ Blues Band). Ademais sempre hai algunha actividade para os máis cativos. O programa de actos é o que segue:
Ás 14h Sesión Vermouth coa ORQUESTA RITMOJOVEN (http://www.ritmojoven.es )
Ás 15h Xantar popular na area recreativa (para quen traia comida), ou na PULPEIRA.
Ás 17h CLOWN FREDDY, que ofrecerá o seu espectaculo para todos os nen@s.
Ás 18h CONCERTOS:
JINBAO (POWERPOP, www.jimbaorock.blogspot.com)
AMACHETA (HARDROCK, http://www.fotolog.com/empacator )
BAKIN´ BLUES BAND (R´N ´R, con membros de Flash Flan e Degüello)
DJ DE LATA (entre grupo e grupo, cunha sesión exclusiva de bandas da nosa Terra)
Ás 21h Verbena coa ORQUESTA RITMOJOVEN (http://www.ritmojoven.es )
HABERÁ CARPA POR SE CHOVE.
Animamos a todo o mundo a que veña pasar unha tarde de domingo diferente....
ACUDIDE! QUE CARALLO IDES FACER UN DOMINGO POLA TARDE!
SAÚDE E ATA O DOMINGO!!!!
1 comentario:
MAÑA PODE SER UN GRAN DIA!!!
Publicar un comentario