viernes, 16 de mayo de 2008

XA QUEDA MENOS!!

Como se do mellor HardRockCafé Enxebre se tratase, na Festa das Flores contaremos cunha pulpeira de calidade. Esta pulpeira tamén levará o bochinche (en castellano "café-bar") e disque é moi boa: calidade, bo prezo e nada de garrafón. Estes datos están contrastados polos vellos de San Mamede que dixeron que nonseiquen fora a unha festa a nonseidonde e disque quedaran encantados. Se o din os vellos non hai máis que falar.



Por outra banda xa contamos coas primeiras fotos promocionais de grupos das Flores 2008 (roubadas nos seus respectivos fotologs). Vemos con satisfacción que dous elementos da cultura galega tan importantes como as paredes de pedra e a lareira seguen vixentes nas bandas de nova formación da nosa comarca.
Aquí AmachetA:

Esa camiseta de Motorhead!!!!

E aquí Jinbao:


Ese poster de Rio Bravo que case se ve alí detrás!!!!


Xa por último, informar de que tamén haberá un DJ para amenizar a tarde, e que a organización traballa a marchas forzadas para pechar o cartel con algún outro espectaculo e/ou atracción.
Seguiremos informando.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Duas de pulpo pa mesa 7!!xdd

gran festa!!

Anónimo dijo...

bueno non poido comentar nada do pulpo ke ensejida se revelan...

Aer si non chovera moito...

aqui curro pronostica bo tempo... seika yo dixo o marulo..cando iva na moto cara a de joros..sin casco,sin matricula,(nin el nin a moto) e sin sejuro! un peligro contstante

Anónimo dijo...

Aer si non nos botamos na curva do apache indo po concerto...

QuadCrossGalicia dijo...

Informar o administrador que dispoñemos dunha nova web oficial de JiNBAO*

http://jinbaorock.blogspot.com/
http://jinbaorock.blogspot.com/
http://jinbaorock.blogspot.com/

saudos

Anónimo dijo...

Hai mais grupos ou non????ten que habelos!!!veña logo,adiantadenos algo!!

1saudo

 
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet